Ses Fontanelles, un espazo natural que debemos conservar


A zona húmida de Ses Fontanelles sitúase entre os núcleos urbanos de Can Pastilla e s’Arenal, no litoral do municipio de Palma (Mallorca). É o máis grande humedal que existe na bahía de Palma, e conta actualmente con 32’5 hectáreas. Ses Fontanelles son os restos da que foi a máis grande zona húmida de Mallorca, É Prat, que foi desecada a partir do século XIX. Nas últimas décadas a zona sufriu ademais o vertido incontrolado de escombros, que reduciron a extensión da zona húmida ata a súa superficie actual.

A importancia ecolóxica de Ses Fontanelles é destacable: a lista de especies de aves observables na zona é extensa, alberga diferentes hábitats naturais de importancia comunitaria e é a única localidade do mundo onde vive en estado silvestre unha especie vegetal: o Limonium barceloi. A todo isto debemos sumar a importancia genérica que teñen as zonas húmidas no Mediterráneo, e nas Illas Baleares en particular..

 Nestes momentos o Concello de Palma está a piques de aprobar un proxecto de urbanización que afecta Ses Fontanelles, co que se pretende construír un complexo comercial e de lecer. Unha área importante da zona húmida quedará sepultada por un vial de 25 metros de anchura e por parte do complexo urbanístico. O resto de zona húmida é evidente que será afectada indirectamente e sufrirá un proceso de degradación dos seus valores naturais.



Ante isto, o GOB reclama a axuda de entidades e persoas para reclamar ante as administracións a protección e restauración íntegra da zona húmida de Ses Fontanelles, evitando a urbanización e recuperando a zona desecada por escombros.



AXÚDANOS a conseguir a protección de Ses Fontanelles

Envía unha mensaxe ao Concello de Palma, o Goberno das Illas Baleares e o Ministerio de Medio Ambiente, as administracións que poden evitar a urbanización de Ses Fontanelles. Reenche a túa información persoal (Nome, apelidos e DNI) e clica sobre o botón "enviar".

Grazas pola túa colaboración!



Nome e apelidos:
DNI: